
CORTIPLAS é unha empresa fundada en 1979 e dedicada, desde a súa creación, á fabricación de composites e produtos de poliéster reforzado con fibra de vidro.
As súas instalacións -máis de 20.000 m2 na actualidade- están equipadas coa tecnoloxía máis avanzada do sector, o que lle permite adaptarse con eficacia ás necesidades dun mercado en evolución permanente.
Todos os proxectos deséñanse de forma personalizada e a medida do cliente en potentes sistemas informáticos CAD-CAM. Mais tarde son levados á realidade grazas a procesos produtivos de última xeración adecuados para o desenvolvemento de composites, enrollamiento continuo "FILAMENT WINDING", helicoidal, axial e combinado, proceso de transferencia de resinas (baleiro, SMC), proxección simultanea , etc.
En Cortiplas, as pautas de deseño, fabricación e control de calidade son seguidas escrupulosamente. Así se asegura unha adecuada resposta dos produtos nas condicións ás que serán sometidos.
Cortiplas produce seguindo o seu manual de calidade e ten implantado o sistema UNE-EN-ISO 9001:2000.
A produción de composites de Cortiplas, achega solucións en varios sectores industriais.
Industria agroalimentaria, Industria petroquímica, Industria química, Enerxía , auga medioambiente e acuicultura.
ACUICULTURA, neste campo, Cortiplas é líder, e os seus fabricados están presentes desde os seus comezos na maioría de instalacións tanto de mar como de río realizadas en Galicia, Asturias, Cantábria, Andalucía e Portugal.
Fabricamos calquera medida que poida ser transportada, nunha soa peza.
As terminacións interiores son totalmente puídas, sen unións nin laminados.
Estamos presente nos Centros de Investigacións Mariñas, CIMA e IGAFA,
dependentes dá Conselleria de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, no Instituto
Español de Oceanografía, etc.
As empresas do sector nas cales están os nosos fabricados, tanto para cultivo de RODABALLO, ROBALIZA, DOURADA, BESUGO, así como bivalvos como ameixa, berberecho, vieira ó longueirón, son o mellor expoñente da diversidade dos nosos fabricados e o mellor aval da nosa garantía.
E así o poden corroborar empresas como:
ALROGAL, S.A., ISIDRO DO CAL FRESCO, S.L., LUSO HISPANA DE ACUICULTURA, S.L., INSUAMAR, S.L., ACUIDORO, S.L., INSUIÑA, S.L., PESCANOVA, IMPROCAR DE CARRIL, S.L., REMAGRO, S.A., A Ostreira, ENGALSA, GRUPO TRES MARES, S.A., KANTAURI, CICEM, Etc.
PISCIFACTORIAS PARA TROITAS E SALMONIDOS COMO TROITAS DE PIQUIN, Os CENTROS ICTIOLOGICO DE CARBALLEDO, CARBALLIÑO, ARREDONDO, Etc.